Ola a todos e todas!Como xa sabedes a autora do libro Nata y chocolate, vai vir ao noso cole a facernos unha visita. Aquí vai a súa biografía:
Alicia Borrás Sanjurjo naceu en Vigo,onde traballa como profesora de teatro,actriz e escritora.O seu contacto cos nenos, lévalle a escribir os versos que eles sóplanlle ao oído a inventar un mundo de cores,onde o teatro,os contos e os poemas ocupan un lugar moi divertido.A súa obra Versos graciosos, sabrosos y jugosos quedou finalista no premio Lazarillo de Creación literaria.Algúns contos escritos por ela son: Quen son?, O señor corpo quere xogar, Nata y chocolate, Bichitos enaniiitos, Besos y achuchones...E moitos máis. Alicia creceu sen nai. Pero anos máis tarde foi formando unha familia ao seu arredor. Conservou contos con sete e oito anos,porque para ela escribir era unha forma de divertirse. Escribía historias para os seus catro fillos e para calquer neno que pasaba por casa.
Xoana Pérez Santorio
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario