Ola a todos! Vou facer un repaso de todas as actividades que temos para este fin de semana. En primeiro lugar hai que escoller as novas que para nós foron máis importantes neste sábado e domingo. Pescudar como se forma unha empresa e que se necesita para facelo. Elixir un produto de supermercado e poñer as súas materias primas, a súa fábrica e que coste tiña na fábrica e no super. Escribir o coste nun fogar: en alimentación, enerxía, comunicacións, auga, roupa, saídas, vehículos... Para a semana que vén temos o Martes 4 de febreiro un exame de inglés que trata sobre o espazo. O Mércores 5 de febreiro un control de matemáticas de operacións con fraccións. O 14 de febreiro facemos o exame de faltas. Recomendo ir estudando para os tres. Que teñades bo fin de semana!
Por Xoana Pérez Santorio.
No hay comentarios:
Publicar un comentario