Primeiros anos
Fillo do xefe da tribo xhosa de Tembo, viviu na vila de Qunu os seus primeiros anos, aos sete anos, Rolihlahla Mandela foi o primeiro membro da súa familia en acudir á escola, onde un mestre metodista lle deu o nome de Nelson. O seu pai morreu cando el tiña 10 anos e Nelson foi a unha escola misional wesleiana próxima ao pazo do rexente. Foi iniciado aos 16 anos seguindo as tradicións xhosa, e comezou o instituto, aprendendo sobre a cultura occidental, rematándoo en dous anos no canto dos tres habituais.
En 1934 comeza os seus estudos universitarios na Universidade de Fort Hare, onde coñece a Oliver Tambo, no final do seu primeiro curso participa no boicot do consello dos estudantes contra da política universitaria surafricana e ten que deixar a súa universidade para continuar os estudos por correspondencia na Universidade de Suráfrica en Xohanesburgo ata que se pode matricular na Universidade de Suráfrica en Xohanesburgo ata que se pode matricular na Universidade de Witwatersrand.Actividade política
Como estudante, Mandela participa na oposición política ao goberno da minoría branca que negaba os dereitos políticos, sociais e económicos da maioría negra de Suráfrica. En 1942 ingresa no Congreso Nacional Africano (African National Congress), en 1944 funda xunto a Walter Sisulu e Oliver Tambo as súas mocidades.
Despois da vitoria en 1948 do Partido Nacional (National Party ou Nasionale Party) e a institucionalización da súa política de apartheid e segregación racial, Mandela entra na executiva do CNA en 1949 e foi un dos líderes da campaña de desobediencia social do Congreso Nacional Africano de 1952que consistía en violar as restricións que impuña o apartheid en lugares e ocasións concretas, pero diante os arrestos masivos abandónase esta política. No Congreso Popular de 1955, adóptase a Carta da Liberdade, programa fundamental da causa antiapartheid.
O 5 de decembro de 1956 el e outros 150 activistas antiapartheid foron detidos acusados de alta traizón, non foi liberado por falta de probas ata1961.
Mandela acepta a loita armada despois do Masacre de Shaperville (marzo de 1960) no que a policía surafricana disparou contra de manifestantes desarmados, matando 69 persoas e ferindo outras 180. Despois da aceptación da actividade armada, o goberno surafricano prohibe o CNA e outros grupos antiapartheid.Na cadea
En 1961 converteuse en comandante da organización armada do CNA, Umkhonto we Sizwe. Coordinou a campaña de sabotaxe contra obxectivos militares, gobernamentais e civís e fixo plans para organizar unha posible guerra de guerrillas se a campaña de sabotaxes fracasaba para rematar co apartheid. Arrestado o 5 de agosto de 1962, o 25 de outubro foi condenado a cinco anos de prisión.
Mentres Mandela permanecía en prisión, o 11 de xullo de 1963 en Liliesleaf Farm, Rivonia, a policía arrestou prominentes líderes do CNA (Ahmed Kathrada, Walter Sisulu, Govan Mbeki, Andrew Mlangeni, Raymond Mhlaba, Elias Motsoaledi, Walter Mkwayi, Arthur Goldreich, Dennis Goldberg ouLionel "Rusty"). No xuízo todos, agás Rusty Bernstein, foron condeados a cadea perpetua o 12 de xuño de 1964 (Walter Mkwayi e Arthur Goldreich fuxiran durante o xuízo).
Ao longo dos seguintes 36 anos, Mandela converteuse no símbolo da oposición ao apartheid, ata o punto que o lema, Liberdade para Nelson Mandela (Free Nelson Mandela) se converteu nun berro para todas as campañas anti-apartheid do mundo.

Por Xoana Pérez
No hay comentarios:
Publicar un comentario