viernes, 7 de febrero de 2014

Nata y Chocolate

No club de lectura de 6º estamos lendo un libro titulado Nata y chocolate como xa sabedes. Aquí van algúns datos do libro:

Titúlase Nata y chocolate. Está escrito pola autora viguesa  Alicia Borrás Sanjurjo e ilustrado por Anuska Allepuz. Ten 112 páxinas e é da colección Sopa de libros. Publicouse o 26 de Abril de 2010, o seu prezo é de 8,40 $. O seu código comercial é 1556141 e o ISBN 978-84-667-9301-8. A idade é a partir de 12 anos.

Resume:

Sonia é una nena calada, triste e solitaria. A razón é que os seus compañeiros meténse con ela por ser albina. Lola oblígalle a facerlle os deberes. Ninguén parece darse conta desa situación hata que unha nova profesora chega ao centro e decide cambiar a situación que vive Sonia.

                                                                               Xoana Pérez Santorio 6ºA

No hay comentarios: