viernes, 28 de febrero de 2014

Entroido 2014!!

Onte celebramos no patio do colexio o entroido. Os de infantil desfilaban cos seus magníficos traxes de amorodos, cenorias...,os de 1º bailaban disfrazados de campesiños, os de 2º lucían o chícharo que levaban posto, os de 3º e 4º demostráronnos que as froitas que hai que tomar de verdade son: o plátano, a laranxa e a pera, os de 5º son tan bos na cociña que foron de cociñeiros, e os de 6º, para rematar, fixeron unha mezcla de todas as froitas e hortalizas máis sabrosas: amorodos, uvas, mazás...As músicas de todos os grupos foron moi divertidas e as coreografías tamén. Ao final cantamos unhas estrofas ao Meco, que é o culpable de todos os males da humanidade. Agora podemos deixar os deberes e disfrutar desta semaniña de vacacións que temos. Pasádelo ben na festa do cole pola tarde e a papar filloas!!!


                                                                                                                               Xoana Pérez 6ºA

No hay comentarios: