jueves, 5 de junio de 2014

Os peixes

Os peixes son animais vertebrados, ovíparos, acuáticos e con respiración branquial. O grupo dos peixes é un caixón de xastre definido pola exclusión dun taxon doutro maior (os vertebrados), e non pola posesión de características derivadas comúns. Inclúense nesta definición os mixíns, a lamprea, os condrictios (ou peixes cartilaxinosos) e os osteíctios (ou peixes óseos), así como diversos grupos relacionados extintos. A maioría dos peixes son ectotérmicos, é dicir, dependen de fontes externas para obter calor, o que provoca que a temperatura do seu corpo varíe segundo a temperatura do ambiente. Algúns dos grandes peixes como o tiburón branco e o atún teñen unha temperatura máis alta de seu. Como é propio dos primeiros vertebrados, son acuáticos e, a diferenza do que observamos nos tetrápodos, a respiración prodúcese por branquias situadas nas fendeduras da farinxe. A locomoción baséase nunha forma hidrodinámica, con movementos laterais do corpo auxiliados por extremidades que son aletas. Os peixes son abundantes en tódalas masas de auga da terra e poden ser atopados en case tódolos ambientes acuáticos, dende as correntes de alta montaña ata as zonas máis profundidades dos océanos. É un grupo moi heteroxéneo con preto de 32.000 especies, máis que ningún outro grupo de vertebrados. Evolución : Os peixes orixináronse a partir doutros cordados contra o comezo do Cámbrico. Non se sabe con seguridade onde fixar a súa orixe. Os condrictios son un grupo de vertebrados moi primitivos, pero moi exitosos evolutivamente, xa que as quenllas son animais antiquísimos que non cambiaron moito desde a súa orixe e que hoxe en día seguen sendo un grupo moi ben adaptado ao mundo. Os vertebrados terrestres (tetrápodos) diferenciáronse a partir de peixes emparentados co celacanto ou os peixes pulmonados, e algunhas das primeiras formas están a metade de camiño entre o noso concepto de peixe e o de anfibio. Clasificación : .Podemos clasificar os peixes segundo diferentes criterios: Zoolóxico, que é o que seguiremos no seguinte apartado. Ecolóxico: de mar ou de auga doce, peláxicos ou demersais, tolerantes ou non á salinidade, migratorios ou non, etc. Gastronómico: brancos ou azuis. Económico: comestibles (de interese pesqueiro) ou non.

No hay comentarios: