jueves, 5 de junio de 2014

Marie Curie

Marie Sklodowka naceu o 7 de Novembro de 1867 en Varsovia.Era a quinta filla de Wadysaw Skodowski,profesor de ensinanza media en Fisica Matematica ao igual que o seu avó, e de Bronisawa Boguska, quen foi mestre, pianista e cantante. Marie era a menor de cinco fillos: Zofia(1862),Jozef(1863), Bronisawa(1865), Helena(1866) e finalmente ela Marie(1867).Naquel tempo, a maior parte de Polonia estaba ocupada por Rusia, que, tras varias revoltas nacionalistas sufocadas violentamente, impuxera a su lingua e os seus costumes. Xunto coa sua irmá Helena,Marie asistía a clases clandestinas ofrecidas nun internado nas que se ensinaba a cultura polaca. Os seus primeiros anos estiveron marcados pola morte da sua irmá Zofia como consecuencia do Tifo, e dous anos despois, a da sua nai a causa dunha tuberculose. Eses eventos fixeron que Marie perdera a fe na relixión católica romana e se volvera agnostica. En 1891 Marie inscribes na Facultade de Ciencias Matemáticas e Naturais da Universidade da Soborna. A partir de ese momento Marie pasouse a chamar Marie Sklodowka. A pesar de ter unha sólida base cultural adquirida de forma autodidacta, Marie tivo que esforzarce para mellorar os seus coñecementos en francés, matemáticas e física, para estar ao nivel dos seus compañeiros. en 1893 consegue a licencia de Física e obtén o primeiro posto da súa promoción. Para financiarse os estudos de matemáticas, Marie aceptou unha bolsa da Fundacion Alexandrowitch, que lle foi outorgada grazas a unha coñecida Jadwiga Dydyska. En 1894 Marie coñece ao que seria o seu marido Pierre Curie que era profesor de Física. Os dous empezaron a traballar nuns laboratorios e ao ano seguinte (1895) Pierre declarase a Marie, nunha voda sinxela na que deixarinlles algo de diñeiro. Este matrimonio non duraria moito debido a morte de Pierre en 1906 un total de 11 anos. Tras unha dobre titulacion o seguite reto era a obtencion do doutorado. Ata ese momento, única muller que lograra doutorarse era a alemá Elsa Neumann. O primeiro paso era a eleccion do tema da súa tese. Tras analizalo co seu marido, ambos os dous decidiron centrarse nos traballos do físico Henri Becquerel, que descubrira os sales de uranio trasmitian uns raios de naturaleza descoñecida. Marie Curie interesouse por estes traballos e, coa axuda dos seu esposo, decidiu investigar a natureza das radiacións que producian os sales de uranio. Marie Curie e Pierre Curie estudaron as follas radiactivas, en particular o uranio en forma de pechblenda, que tiña a curiosa propiedade de ser máis radioactiva que o uranio que se extraia dela. A explicacion loxica foi supoñer que pechblenda contiña anacos dalgun elemento moito máis radioactivo que o uranio. Tamén descobren que o torio podia producir radiactividade. Tras varios anos de traballo constante, a través da concentración de varias clases de pechblenda, illaron dous novos elementos químicos.Durante a Primeira Guerra Mundial Curio propuxo o uso da radiografía móbil para o tratamento de soldados feridos. O coche levaba o nome de Petit Curie. A súa filla Irène, con 18 anos de idade, empeza a axudala. O gramo de raio dóao á investigacion científica: logo darianlle outro que tamén doaría ao Instituto do Raio de Varsovia. Nos seus últimos anos foi asediada por moitos físicos e productores de cosméticos, que usaron material radioctivo sen precaucións. Despois de quedar cega Marie morreu, o 4 de Xullo de 1934 en Francia a causa dunha anemia aplasica, probablemente por culpa dos seus experimentos radioactivos. Por Antía Álvarez

No hay comentarios: