O paintball dos mortos
Esta historia transcorre no ano 2053, cando un neno chamado Carlos, celebra
o seu décimo aniversario. Carlos era un neno moi pálido e tiña o pelo negro. El
invitara ós seus amigos: Miguel (tiña once anos, era moreno e ruivo), Pedro (tiña
nove anos, era algo pálido e tiña o pelo marrón) e Xoán (tiña dez anos, era
pouco moreno e loiro). O que destacaba do cumpreanos non eran os agasallos nin
a comida, era o paintball. O lugar do
cumpreanos era nun monte de Cataluña. Cando chegaron os convidados, os
monitores dixeron que tiñan que poñerense un traxe protector (azul ou marrón,
para facer equipos) e unha máscara protectora para que non entrase pintura na
cara. Os equipos foron desta maneira: azul: Miguel e Carlos; marrón: Xoán e
Pedro. Despois, cando estiveron preparados, os monitores déronlles as pistolas
de pintura para xogar. Ao comezar, Xoán deulle a Miguel, mais Carlos vingouse
“matando” a Pedro. Sen decatarse, Xoán quedouse sen bolas de pintura e tivo que
renderse á evidencia. Despois, foron a comer algo para teren enerxías, mais
houbo unha tormenta e un lóstrego caera nun cementerio que estaba na cima do
monte, polo que surxiron mortos vivintes. Cando rematara a tormenta, aínda
estaba o ceo nubrado mais os rapaces foron a xogar. De súpeto, apareceron os
zombis e todos tiveron medo, ata que Pedro decatouse de que as bolas de pintura
eran a debilidade dos zombis, porque tiña tanto medo que disparou a un dos
zombis, e dixolles todo iso. Todo o mundo, incluíndo os monitores, colleron as
pistolas e comezaron a disparar ós mortos vivintes. E cando remataron,
estiveron todos moi alegres polo mellor día da súa vida.
Fin
No hay comentarios:
Publicar un comentario