jueves, 5 de junio de 2014
o segredo de paulo. por malena
o segredo de paulo
Paulo era un neno un tanto extraño.
Cando apenas tiña tres anos descubriu unha habilidade incrible, podia metamorfosearse cando e como el quisera, si, o que estades oíndo, podía convertirse dende unha bolboreta ata un tiburón...
Paulo tiña unha habilidade fantástica, ou non tanto, xa veredes...
Un día transformouse nun rato, e case o papa un gato, outro día era un lapis e de tanto afilalo quedou diminuto, tamén foi un pez e acabou na peceira da súa veciña..
Tiña cada idea...que toda súa familia vivían preocupados polos seus cambios, non iba ser que pisasen unha cucaracha e aplastasen ao asombroso Paulo.
Cheas de veces tiveron que recollelo da basoira, había que ver á súa nai falando un día cun xarrón, outro cunha esponxa e con calquera outro obxecto da casa.
Outro día tiveron que recollelo do vater, xa sabedes o que fixo o moi porco ¿non?
Pero cando chegaba o 13 de septembro, o dia do seu cumpleanos, Paulo sempre era o mesmo, non iba a ser que o moi pícaro perdera algún agasallo!
Aunque para Paulo fora moi gracioso convertirse en millóns de cousas, non o era para os seus pais, que xa sabían que algún día algo iba ocorrer.
Paulo non era moi sociable, xa que non era un neno de once anos común e corrente, pero aínda así, podía contar con a amistade de Greta e Anxo. Eles sempre pedíanlle que se convertera nunha cousa ou noutra, e el case sempre os complacía aínda que tivera que correr resgos.
Últimamente Paulo era moi feliz sendo un papaventos e surcando o ceo que iba dende o parque ata o cole. O facía case todas as tardes, pero nunha destas, desafortunadamente atopouse cunha inesperada tormenta que fixo que perdera o control e caera nun posto do rastro do barrio de Bouzas. Cando Greta e Anxo correron na súa búsqueda atopáronse unha mesa chea de obxectos insignificantes e no decataron cal era Paulo, nunca máis o volveron a ver...
Dende entonces os pais de Paulo acuden todos os domingos ao posto do rastro e ponse a falarlle un a un aos pequenos obxectos que están a venda.
A falta de saber a verdadeira historia a xente burlábase deles e tíñalos por tolos.
Moitas veces polo insignificante que parezcannos algunhas cousas, para outras persoas pode ter un valor inmenso.
FIN
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario