jueves, 30 de enero de 2014

A biblioteca de 6ºA

Este curso, os encargados de manter a biblioteca somos Pablo e mais eu, Xoana. Na clase hai moita variedade de libros: enciclopedias, revistas, libros de texto, atlas... A biblioteca está clasificada en tres estantes. O 1º é de enciclopedias, o 2º é de atlas e revistas e o 3º é de libros de texto, para ler na hora de lectura que temos despois do recreo. A profesora de 6ºB, Mariló, organizou un club de lectura para calquera neno ou nena que queira apuntarse. De momento somos 28! Temos que ler un libro titulado Nata y chocolate, que polo visto é da autora viguesa Alicia Borrás. Eu teño pensadas moitas actividades para facer na biblioteca de 6ºA. Uns días concretos pódese ir á biblioteca do colexio, na que a encargada é Mariló. Na hora de lectura que temos despois do recreo debemos ler un libro que elixe José Ramón,o profesor. Unha vez que se termine o libro hai que facer unha actividade sobre el: un debuxo, resumo... Recomendo ler na aula, en casa, na praia, na cociña, no salón, na casa da avoa, na praza... En todos os lugares! Os libros contan aventuras fantásticas!

Por Xoana Pérez Santorio.

No hay comentarios: