jueves, 30 de enero de 2014

historia do garcía barbón

A HISTORIA DO GARCÍA BARBÓN:

O colexio C.E.I.P. García Barbón inagurouse polo ano 1980/1981. Foi un colexio no
que remitiron a nenos de dous colexios que xa eran moi antigos: Casablanca e Escola
de Artes e Oficios, onde por certo presentaba un estado ruinoso xa que incluso chegou
a desprenderse o teito sobre os raspaces da clase (2º).



O colexio Público García Barbón cando se inagurou era o máis moderno nesa época,os
alumnos alucinaban xa que iban a disfrutar dun colexio novo con parque, instalacións deportivas, horto ............. . Os estudiantes estaban encantdos de disfrutar dunhas instalacións que non estaban acostumados. Naquela época o horario escolar era partido de 9:30/12:30 e de 15:00/17:00, actualmente ese horario modificouse grazas aos pais e os nenos que o votaron así para implantalo posteriormente. É importante dicir que dende a inaguración ata agora, os cambios máis significativos atópanse fóra do colexio onde actualmente están As Torres , atopábase a fábrica de cerveza SKOL , e onde están as vivendas do campo de fútbol, atopábase a empresa SEAT. Con esto quero decir que este colexio pasa a ser o dos máis modernos dos anos 80 a un dos colexios que menos se reforma en 32 anos, incluso se lle sacou terreo a favor das Torres a cambio dun pabellón cutre.

Por Andrés G

No hay comentarios: