jueves, 22 de mayo de 2014

UN CONTO IMPACTANTE (LUCÍA)



A MIÑA NAI
A miña nai fáltalle unha perna..... mais así encántame coma nai, eu ámoa por que sei que ela o pasa mal. Traballa de cociñeira no colexio onde eu estudo, para manter a nosa familia xa que o meu pai morreu no accidente no que a miña nai perdeu a perna.
Un día a miña nai foi a miña clase para preguntar como ían os meus estudos e os rapaces comezaron a rirse e comentar polo baixo que lle faltaba unha perna. Eu chorando, díxenlles que non tiñan sensibilidade por rirse de unha persoa que tiña problemas e pregunteilles si lles gustaría que os demais se risen das súas nais.
Cando cheguei a casa miña nai díxome que non quería que eu o pasase mal pola súa culpa e eu abraceina con toda a miña forza e prometinlle que cando fose maior compraríalle unha prótese.
Con oito anos soñaba con facer ca miña nai se sentise ben.
Ao rematar os meus estudos traballei e pronto fíxeme con moitos cartos. Cos meus primeiros aforros merqueille unha prótese, por fin xa tiña a perna que tanto tempo levaba esperando. Ese día foi o mellor das nosas vidas. Cando a mirei, a súa faciana reflexaba ledicia.
Un día cando saímos a pasear pola rúa, pasamos por diante dos meus compañeiros e escoitei como dicían que o meu soño cumprirase. Conseguin facer feliz a miña nai e que ninguén se volvera a rir de ela.
Eu penso que con cariño e amor calquera problema poder ter solución.
LUCÍA FONTELA CABALEIRO 6º A

No hay comentarios: