martes, 27 de mayo de 2014

Adeus Mar


Aínda que resulte incríble eu fon a última persoa en ver os seus ollos de cor avelá. Miña avoa contaba historias de cando eran nenas a todas horas. Unha delas comezou no pobo no que ela vivía, pasou hai dous anos, ela estaba na súa casa e eu esperaba no seu portal para poder vela ao saír, pero nunca saía de casa. Ninguén sabía que estaría facendo, nin tampouco importáballe. Pero eu quería sabelo, así que un día de verán chamei a súa porta. Ela abriuna moi despaciño, non a vin, soamente escoitei a súa voz. Pasou o tempo e volvín a chamar a súa porta, pero esta vez, non abriume. Peguei un pequeño empurrón e a porta estaba aberta, entrei na súa casa e estaba chea de libros e poemas preciosos que ela mesma escribía, pero entre as follas dun libro encontrei unha carta que dicía:

Querida Mar:

Como xa sabes vou facer unha viaxe a Hayna, gustaríame moito que antes de machar viñeras a Jikel, o meu país.

Decateime de que seguramente foise de viaxe. Rapidamente fun buscala ao mar, ela sempre viaxaba nunha barca amarela, pero xa era tarde, estaba na súa barca bastante lonxe . Pero xusto nese momento deuse a volta e díxome: Podes quedarte cos meus libros. Eu non sabía que dicir, así que voteille un sorriso. A partir de alí todos os días pola mañá despois de almorzar corría ata a súa casa para ler os libros máis interesantes que tiña na súa biblioteca. Collín un dos libros e nada máis abrilo vin que poñía “Diario de mar”  Para saber máis cousas dela senteime toda a tarde nunha cadeira de madeira e comecei a ler o seu diario. Ese diario ensinoume que cada día teño que ler un libro, porque un libro ensíname a ser libre. 


Xoana Pérez Santorio

No hay comentarios: