Ola! Son Xoana, vou falar de todo o ocorrido nestas vacacións. O venres fun ao parque cun par de amigos e amigas, xogamos, compramos “gomis”...Foi xenial! Uns días despois fixen a maleta para viaxar a Portugal! A viaxe durou dúas horas e media, pero chegar alí e velo todo precioso, valeu a pena. Fun cos meus pais e o meu irmán maior de 15 anos. Visitamos moitas cidades e pobos: Coímbra, Luso, Aveiro, Viseu, Bussaco...En Aveiro montei nun moliceiro que percorría toda a cidade polas canles nun traxecto de 45 minutos. En Coímbra alucinei coa súa Universidade, tiña unha biblioteca preciosa! Visitamos ademais as ruínas de Conimbriga e Portugal dos Pequeniños. Tamén tocou facer sendeirismo a tope en Bussaco. Así é, fomos camiñando polo seu parque forestal. En Viseu fun ver a Catedral e as igrexas, moi bonitas por certo. Pero unha cousa que ten Portugal é que está cheo de pastelarias cos seus tradicionais doces: ovos moles, natas...! Mmmmmm, que rico! Probei de todo! E así remataron as miñas vacacións, seguro que as vosas tamén teñen moito que contar! Estou desexando escoitarvos! Déixovos aquí unha foto miña en Guimarães, onde paramos á volta da nosa viaxe:
Xoana Pérez (6ºA)
No hay comentarios:
Publicar un comentario