jueves, 24 de abril de 2014

Unha Semana Santa extraña

Esta Semana Santa foi...Extraña, non fun de viaxe coma todos os anos (xa que unha semana antes fun a Londres) pero fixen moitísimas cousas. Os primeiros días estuven con Malena, ela quedouse a durmir na miña casa, o xoves ela marchou a Madrid con os seus pais e eu quedándome en Vigo, sóa, claro, iso era o que pensaba eu... Pero non!
O venres a miña amiga Paloma invitoume a os "Kars" en Sanxenxo e logo fumos a praia, pasámolo moi ben.
O sábado fun a Riveira Sacra, aos Cañóns do Sil, a o mosteiro de Santo Estevo de Rivas de Sil ( e a outro mosteiro que agora non recordo ben o nome) e outras cousas máis, estivo moi ben pero a miña intención era encontrar un monxe, pero non estaban! Están semiextinguidos!

Os demais días os pasei xunto a miña curmá indo a Portugal, comendo fora... Non estivo mal.


                                                                                                                               Claudia

                                                        

No hay comentarios: