jueves, 12 de septiembre de 2013

Comeza o novo curso

Os alumnos e alumnas do colexio CEIP García Barbón, comezaron xa as clases o mércores 11 de setembro ás 9 da mañá algúns moi ilusionados e outros menos. Xa están preparados coas súas mochilas e con todo o material necesario: lapis, goma, boli, ceras de cores... e os libros correspondentes a cada curso. Aínda si, algúns non teñen moitas gañas de traballar. O primeiro día do novo curso o/a profesor/a ponlle ao seu alumnado un pequeno exame para ver o seu nivel despois do verán, xa que foron tres meses de vacacións con moita praia e demáis. O primeiro día rematou as dúas en punto. Ao salir do cole a maioría das caras estaban cheas de alegría e entusiasmo correndo xunto aos seus pais.


Por Xoana e J.R.